Publicador de contidos
Publicador de contidos

Chegan a Albania os primeiros inmigrantes enviados por Italia

Chegan a Albania os primeiros inmigrantes enviados por Italia

O Goberno de Meloni estrea o primeiro centro de internamento extracomunitario

Calcúlase que podería trasladar a Albania 36.000 inmigrantes ao ano

Antón Montero 16/10/2024 21:08 Última actualización 16/10/2024 21:13

Xa están en Albania os primeiros 16 inmigrantes envíados desde Italia para seren internados nun centro mentres se decide sobre a súa deportación. Son dez cidadáns de Bangaldesh e 6 exipcios. Foron interceptados no Mediterráneo mentres tentaban chegar á costa italiana desde Libia.

O sistema permitiralle ao goberno de Giorgia Meloni enviar ao país balcánico 36.000 inmigrantes cada ano, un polémico proceso criticado pola oposición e por moitas organizacións de defensa dos dereitos humanos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade