Chegan ao porto exterior de Ferrol os primeiros coches eléctricos chineses
Chegan ao porto exterior de Ferrol os primeiros coches eléctricos chineses
Son as primeiras unidades de coches eléctricos que desembarcan en Ferrol: os modelos Alhpa S e Alpha T, fabricados por Arcfox, a filial premium da gran multinacional chinesa da automoción BAIC.
"O Alpha S, o coche eléctrico intelixente de longo percorrido, e o Alpha T, veículo 100 % eléctrico todo terreo. Estes dous últimos modelos xa están certificados en España e listos para circular", manifestou Zheng Fang, directora executiva de Arcfox Automotive Spain.
Presentáronse este xoves no porto exterior de Ferrol, o centro loxístico desde onde o xigante asiático se introduce no mercado español e europeo.
"A presentación destes vehículos eléctricos de gama alta que levará a Europa a través do porto de Ferrol é unha mostra do atractivo que Galicia ten para empresas de todo o mundo, algo que nos permitirá abrir novas vías de negocio", apuntou Francisco Barea, presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao.
Cun investimento de cinco millóns de euros para adecuar as instalacións portuarias e 50 empregos directos nesta fase inicial, a previsión da compañía chinesa é distribuír desde Ferrol entre 3.000 e 8000 unidades de vehículos anuais a partir de 2025.