Chegan as ofertas do Cyber Monday, con descontos nas webs que venden en liña
Chegan as ofertas do Cyber Monday, con descontos nas webs que venden en liña
Catro de cada dez españois fará algunha compra no Cyber Monday
Tras os descontos do Black Friday, este luns chegan as ofertas do Cyber Monday. Trátase doutra moda importada dos Estados Unidos centrada nesta ocasión nas vendas en liña. Una iniciativa de márketing dos comerciantes para atraer os internautas a aproveitar as últimas rebaixas antes do Nadal.
O luns cibernético, un invento comercial para aproveitar o tirón dos descontos do Black Friday. Se vostede é dos que compra a través da Internet seguramente ten o correo cheo de ofertas. O obxectivo, seducir aos compradores en liña.
Especialmente pensado para as compras de Nadal. Aínda que moitos prefiren o tradicional. Tamén quen desconfía das grandes ofertas e non se cree as promocións do Cyber Monday.
As organizacións de consumidores recomendan facer un consumo responsable e estar atentos ante posibles estafas e posibles artigos defectuosos ou falsificacións.
A Asociación Española de Consumidores estima que catro de cada dez españois realizará algunha compra no Cyber Monday.