Xa se pode descargar o bono comercio da Xunta
Xa se pode descargar o bono comercio da Xunta
Os bonos de desconto de 30 euros para comprar en comercios poderán empregarse ata que se esgote a partida de 2,5 millóns de euros
Os bonos de desconto de 30 euros para compras en comercios que pon en marcha a Xunta poderán descargarse a partir deste venres, 26 de abril, a través da web (www.bonosactivacomercio.gal).
A quinta edición do Bono Activa Comercio está dotada con 2,5 millóns de euros, co que se prevé mobilizar 12 millóns de euros en vendas nos establecementos comerciais adheridos.
Os bonos terán formato dixital QR e estarán dispoñibles para a súa utilización nunha aplicación móbil. O importe irase reducindo en función do valor da compra. Así, as compras entre 20 e 30 euros contarán cun desconto de 5 euros. A rebaixa será de 10 euros para as compras entre 30 e 50 euros. A partir de 50 euros, o desconto alcanzará os 15 euros.
Como en anteriores ocasións, cada persoa poderá descargar un único bono. Non se limitará o número de usuarios que poden descargar os bonos, senón que cando o importe total dos descontos realizados alcance os 2,5 millóns de euros, os bonos descargados xa non se poderán utilizar.