Chiki e o Rácing, con fame de vitorias
Chiki e o Rácing, con fame de vitorias
O dianteiro madrileño falou da fame do equipo e das boas sensacións que deixou a remonta
Valora moito o acerto a balón parado e a mentalidade do cadro de xogadores
As ganas como reforzo dun vestiario que quere destacar. O Rácing de Ferrol prepara o partido deste sábado ante o Málaga con moita ilusión, e coa convicción de que os tres puntos queden na Malata. Chiki falou da fame que ten o equipo, que quere gañar todos os encontros.
O dianteiro madrileño foi titular como extremo, unha posición á que non está acostumado pero na que di que se sinte cómodo. Todo por axudar ao equipo. O equipo rematou contento co punto rescatado ante o Málaga, "pero quere sumar de tres", apunta Chiki.
O madrileño valorou moi positivamente o apoio da bancada, e resaltou "a positividade que se respiraba, apoiando aínda cando o Málaga ía por arriba no marcador". O Rácing de Ferrol conta os días para que chegue o sábado, e tenten dar un golpe sobre a mesa impoñéndose ao Granada, que chega á cidade departamental despois de caer na casa contra o Albacete.