Publicador de contidos

Publicador de contidos

Chris Ramos e Carlos Pita despídense dun Lugo en crise

Chris Ramos e Carlos Pita despídense dun Lugo en crise

O Lugo perde en poucas horas un adestrador, un director deportivo e o goleador do equipo

G24.gal 01/02/2023 15:40 Última actualización 01/02/2023 15:43

A revoltura é completa no Lugo. En poucas horas perde un adestrador, un director deportivo e o goleador do equipo.

Chris Ramos, que xa sumaba sete dianas na primeira volta, deixa o Lugo sen gol, pero con dous millóns de euros para tapar débeda que a liga de fútbol apremaba a purgar. Pan de cartos, fame deportiva.

Penúltimo na clasificación, o Lugo daba a coñecer onte o cesamento de Fran Justo como adestrador. Chegou hai mes e pico e sumaba dúas vitorias, un empate e seis derrotas.

O seu cesamento, díxose, podía estar relacionado coa saída, tamén coñecida onte, de Carlos Pita como director deportivo.

Pita negou esta mañá ter problemas co presidente Tino Saqués e explicou que a falta dun criterio deportivo único no club é a que forza a súa renuncia.

Fran Justo, Chris Ramos e Pita, tres perdas dunha tacada nun día de furia e dúas chegadas feitas. A do novo adestrador, o barcelonés Joan Carrillo, segundo de Mauricio Pochettino no Español na tempada 2009-2010, adestrador do Almería en Segunda no 2015 e con experiencia internacional nos últimos anos en Croacia ou Hungría.

Tamén chega o substituto de Lebedenko: o lateral Andoni López, tras rescindir contrato co Tenerife.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade