Ciarán adiantou o frío e as primeiras neves da temporada no Cebreiro 

A montaña de Lugo e de Ourense permanecen en aviso amarelo por neve 

A montaña do Cebreiro amenceu este xoves coas primeiras neves da temporada
G24.gal 02/11/2023 21:21 Última actualización 02/11/2023 21:36

A montaña de Lugo e de Ourense permanecen en aviso amarelo por precipitacións de neve ata o mediodía do venres.

O Cebreiro non é o teito de Galicia pero si un bo indicador da chegada do frío. Este ano, a neve seica chegou antes de tempo a este alto de 1300 metros. Un atractivo máis para os turistas aos que lles gusta máis visitar estes lugares con este tempo, mesmo sendo máis duro para os peregrinos.

A neve e o frío sorprenderon os poucos visitantes que se achegaron este xoves. Hai escasas dúas horas apenas tiñan grao e medio de temperatura e para esta noite agardan máis frío. Sobrelévano como poden, con cafés, chemineas ou sen saír da casa. Algún visitante porén pensaba que ía ser peor.

Aínda que non é moita neve, a veciñanza do Cebreiro xa está afeita ao reclamo que ten e prepara os aloxamentos mentres agarda polos turistas porque no Cebreiro a primeira neve sempre é benvida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade