Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cinco ciclistas galegos tomaron a saída na Muralla de Lugo

Cinco ciclistas galegos tomaron a saída na Muralla de Lugo

Delio Fernández e Samuel Blanco (Tavira), Carlos Canal (Euskaltel), Ángel Sánchez (Mortagua) e García Janeiro (Boavista) son os nosos representantes

G24.gal 22/02/2023 21:59 Última actualización 23/02/2023 11:36

En catro días coñeceremos o podio da segunda edición do Gran Camiño. A carreira empezou este xoves polas estradas de Lugo, que verán pasar o actual campión do Tour de Francia Jonas Vingegaard. Un aliciente pra afeccionados e ciclistas. Hai cinco galegos no pelotón.

Un deles é Guillermo García Janeiro, do Radio Popular Boavista. Outro, o cambadés Angel Sanchez, que corre no equipo portugués Mortagua dirixido por outro galego, Gustavo Veloso.

Máis experimentado, na cuarta temporada como profesional, está o ciclista de Xinzo Carlos Canal, que xa teme a dureza da primeira etapa: 190 km entre Lugo e Sarria, que se pode complicar a partir do Incio, a 725 metros. A previsión é de neve por debaixo dos 400 metros.

O Moañés Delio Fernández repite experiencia co equipo Tavira, e con el compite Samuel Blanco, natural de Chapela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar