Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cóctel solidario na Coruña a favor de Sorrisos de Bombai

Cóctel solidario na Coruña a favor de Sorrisos de Bombai

A ONG loita contra a pobreza e contra a trata de persoas desde 2005

G24.gal 12/03/2023 14:36 Última actualización 12/03/2023 15:14

Unhas vacacións na India cambiaron radicalmente a vida do xornalista Jaume Sanllorente, fundador de Sorrisos de Bombai. Esta ONG loita dende 2005 contra a trata de persoas e impulsa accións de transformación social a través da educación e da protección dos máis vulnerables. 

Pasaron case vinte anos daquela viaxe, pero o entusiasmo de Jaume Sanllorente segue intacto, ou máis ben multiplicado, en boa medida grazas ao impulso do voluntariado, coma o galego que organizou na Coruña un cóctel solidario para apoiar os proxectos de Sorrisos de Bombai. 

"Nos últimos anos sobre todo desenvolvemos o labor dos rescates, atopándonos con nenas de catro, cinco e seis anos que levaban practicamente toda a súa vida nunha gaiola da que só saían para atender clientes", explica Sanllorente.

Sorrisos de Bombai traballa na prevención a través de iniciativas de desenvolvemento económico e de acceso á educación: escolarizar e implicar as familias para evitar que os vulnerables caian nas redes da explotación sexual.

Estímase que máis de vinte millóns de persoas son vítimas da trata de seres humanos no mundo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade