Ourense, no centro da innovación tecnolóxica
Ourense, no centro da innovación tecnolóxica
A Mobile Week de Ourense achega os retos da transformación dixital
40 actividades de balde en distintos espazos da provincia de Ourense
Comeza a Mobile Week en Ourense. Durante cinco días achegarase a tecnoloxía á cidadanía e os retos que trae a transformación dixital a través de máis de 40 actividades de balde que terán lugar en varios espazos da cidade e en varios concellos da provincia.
Un grande evento tecnolóxico con vistas nas novas xeracións para que adquiran coñecementos no mundo dixital de cara a mellorar a súa empregabilidade.
Os debates clasifícanse en 5 eixes: a gobernanza e o humanismo dixital, a tecnoloxía para a saúde, o día da familia, a educación, talento e capacitación dixital e a dixitalización, sostenibilidade e economía circular.
A Deputación asinou un convenio coa Mobile World Capital Barcelona para seguir desenvolvendo esta cita tres anos máis.