Comeza a rodaxe de 'Así chegou a noite', terceira película de Ángel Santos
Comeza a rodaxe de 'Así chegou a noite', terceira película de Ángel Santos
Participada pola Televisión de Galicia, encádrase no novo cinema galego, e retrata a fraxilidade dun escultor que busca o illamento nunha zona rural da costa
A terceira longametraxe do director Ángel Santos presentouse en Sanxenxo, que será escenario da rodaxe xunto co Grove e Meaño. 'Así chegou a noite', participada pola Televisión de Galicia, encádrase no novo cinema galego, e retrata a fraxilidade dun escultor que busca o illamento nunha zona rural da costa.
O conselleiro de Cultura destacou a relevancia do audiovisual galego: "É unha industria cultural pola capacidade de vehicular o patrimonio máis importante que temos, a nosa cultura e a nosa lingua, pero tamén é unha industria pola xeración de riqueza no territorio. Espero que sexa un éxito aquí en Sanxenxo".