Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza a atender pacientes en Lalín o segundo Centro Integral de Saúde que se abre en Galicia

Comeza a atender pacientes en Lalín o segundo Centro Integral de Saúde que se abre en Galicia

Ten unha planta completa dedicada a atención por especialistas hospitalarios que se desprazan desde Santiago dous días á semana

G24.gal 14/10/2024 14:33

En Lalín, comezou hoxe a atender pacientes o segundo Centro Integral de Saúde que se abre en Galicia -o outro está en Lugo-. 35.000 habitantes, dos concellos de Lalín, Rodeiro, Agolada e Dozón, teñen desde hoxe unha nova referencia de atención sanitaria. Non se trata dun PAC, nin dun centro de saúde ao uso, porque o concepto de Centro Integral de Saúde inclúe ademais as consultas das especialidades hospitalarias que tiñan máis demanda na zona. 

"Como cardioloxía, consulta de alxias musculoesqueléticas e consulta de oftalmoloxía, á parte do que leva habituamente un centro de saúde: aquí hai pediatría, matrona e xinecoloxía", declarou Felipe Calle, o director de Atención Primaria da Área de Santiago-O Barbanza

"Incorpórase algo moi importante que é a fisioterapia cardíaca. O paciente que sufriu un infarto xa non ten que ir a Santiago para facer un adestramento asesorado", dixo Carmen Riádigos, a Xefa do Servizo do Centro Integral de Saúde de Lalín. 
 

Este mediodía as fisioterapeutas remataban os preparativos para atender xa esta tarde os primeiros pacientes cardíacos. Esta é a zona de pediatría, e hai tamén atención á saúde mental, odontoloxía e cirurxía menor ambulatoria. "Non podemos ter un CIS en cada concello, pero a nivel comarcal si que pode ser un modelo para o futuro.  Sería unha forma de descargar o hospital e de prestar servizo aos pacientes", engaden dos responsables deste novo centro.

O CIS de Lalín custou 13 millóns de euros financiados con Fondos Europeos. Nace para evitar o maior número de desprazamentos posibles ao hospital de referencia que é o CHUS. Acolle tamén o persoal técnico do 061 para facilitar a coordinación co persoal do PAC.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos