Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza en Barcelona o xuízo polo intento de asasinato do produtor televisivo Josep María Mainat

Comeza en Barcelona o xuízo polo intento de asasinato do produtor televisivo Josep María Mainat

A Fiscalía pide para a acusada, a súa exmuller, dezaseis anos de prisión por intento de asasinato e revelación de segredos

G24.gal 15/07/2024 14:17

Na Audiencia de Barcelona comezou o xuízo contra Angela Dobrowolski, exmuller do produtor televisivo Josep María Mainat, por intentar asasinalo inxectándolle insulina mentres durmía. A Fiscalía pide para Dobrowolski 16 anos de cárcere.

O que fora tamén fundador da Trinca dixo que lle sorprendeu que Dobrowolski insistira de noite en poñerlle supostamente dúas inxeccións máis dun fármaco que tomaba habitualmente e que lle foran administrados a tarde anterior. Tamén dixo que ese mesmo día lle comunicara a súa decisión de divorciarse, ao que a súa exmuller reaccionou moi alterada xa que a deixaba fóra da herdanza.

A Fiscalía acusa a Dobrowolski de intentar asasinar o seu exmarido en xuño de 2020 inxectándolle unha dose de insulina contraindicada para o tipo de diabetes que padece e pide para ela dezaseis anos de prisión por intento de asasinato e revelación de segredos. A Fiscalía solicita ademais para Dobrowolski, que será a última en declarar, unha multa de seis mil euros e a prohibición de achegarse ou comunicarse co seu exmarido por un período de oito anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade