Publicador de contidos
Publicador de contidos

Comeza nas escolas infantís o curso en que se estende a gratuidade

Comeza nas escolas infantís o curso en que se estende a gratuidade

A Xunta calcula que unhas 30.000 familias se van beneficiar da subvención

Galicia é a primeira comunidade coas escolas infantís gratuitas para todas as familias

Rueda salienta na escola infantil do Pino que a medida facilita a conciliación e supón un aforro de ata 2.000 euros por familia

O presidente da Xunta estivo con 34 cativos da escola infantil do Pino (EFE J. Lavandeira)
G24.gal 05/09/2022 10:32 Última actualización 05/09/2022 15:02

Este luns regresan ás escoliñas os máis pequenos, os de cero a tres anos. Este regreso vén marcado este ano pola gratuidade dos centros. Unha medida que a Xunta prevé que beneficiará máis de 30.000 familias.

Galicia é a primeira comunidade autónoma en que as escolas infantís serán gratuítas. O investimento destinado a esta medida supera os 50 millóns de euros, tal e como salientou esta mañá o presidente da Xunta Alfonso Rueda na visita que realizou á escola infantil do Pedrouzo, no concello do Pino, acompañado pola conselleira de Política Social Fabiola García. 

Son gratuítas para todas as familias, independentemente do número de fillos, da renda familiar, ou do centro en que se matriculen os pequenos.

É unha novidade coa que se pretende favorecer a conciliación pero tamén fomentar a natalidade.

As 30.000 familias beneficiadas por esta gratuidade calcúlase que van aforrar ao redor dos 2.000 euros anuais.

A iniciativa comezaba no curso 2020-21, coa subvención para os segundos fillos e sucesivos, e este ano abrangue a todos os fillos das familias.

A gratuidade aplícase á atención nos centros de educación infantil, non a outras actividades complementarias, como pode ser o comedor.

Non está condicionada polo número de horas que os nenos acudan ás garderías. O máximo establecido son unhas oito horas.

O curso tamén comeza con outra novidade, e é que xa non hai restricións pola covid-19 nin grupos burbulla.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade