Cargando resultados...
Comezan os cuartos do Mundial co morbo dunha semifinal suramericana
Comezan os cuartos do Mundial co morbo dunha semifinal suramericana
Brasil é clara favorita no enfrontamento ante Croacia
Máis igualada parece a que xogarán Arxentina e Países Baixos
G24.gal
08/12/2022 21:53
Croacia e Brasil abren este venres os cuartos de final do Mundial. Calidade, velocidade e agresividade contra a actual subcampioa. Modric prepárase para parar a Vinicius. Brasil quere seguir bailando, Tite incluído.
Despois Países Baixos contra Arxentina A Van Gal lembnráronlle que Di Maria o considera o peor adestrador que tivo nunca. Pareceulle triste, pero tomouno con humor e apoiouse en Memphis Depay.
Scaloni non estaba tan relaxado. Non quere chegar aos penaltis aínda que os teña ensaiados.