Cargando resultados...
Comezan os traballos para asegurar unha vivenda en ruínas na Coruña
Comezan os traballos para asegurar unha vivenda en ruínas na Coruña
Os desprendementos obrigaron a cortar o tráfico
Vivenda apuntalada na Coruña
G24.gal
27/10/2021 14:28
Comezaron na Coruña os traballos para asegurar a casa en ruínas de Santa Lucía da que se desprendeu parte da fachada e que obrigou a pechar ao tráfico a rúa hai xa dez días.
De aí as queixas dos usuarios. Hai unha semana, o Concello trasladou un requirimento aos propietarios do inmoble para que de maneira urxente acometesen os traballos necesarios para poder aseguralo, e así evitar novos riscos para os viandantes.