Támara Echegoyen, feliz na súa segunda participación na Volvo Ocean Race
Támara Echegoyen, feliz na súa segunda participación na Volvo Ocean Race
Comezou a Volvo Ocean Race coa celebración da regata costeira en Alacante
O Guyot, con Támara Echegoyen, acabou na cuarta posición
Comezou a Volvo Ocean Race coa celebración da regata costeira en Alacante.
O WindWhisper polaco, co cántabro Pablo Arrarte aos mandos foi o máis rápido. No terceiro posto acabou o Viva México con Chuny Bermúdez de Castro e o seu fillo Carlos, de 18 anos, e o vigués Jaime Arbones entre os tripulantes.
Na clase IMOCA, monocascos de 18 metros de eslora, o Guyot, con Támara Echegoyen , acabou na cuarta posición.
Galicia estará representada con Támara Echegoyen. A campioa olímpica de Londres 2012 converteuse no último piar na tripulación do equipo de bandeira franco-alemá GUYOT environnement-Team Europe, que compite na clase IMOCA. Echegoyen, que xa participou na edición de The Ocean Race 2017-18 co equipo español MAPFRE, encaixa perfectamente na estrutura do equipo grazas á súa gran experiencia, tanto en vela olímpica como oceánica.
"Estou moi contenta de voltar a esta competición e co novo equipo. Estarei no norte e non no sur"
O próximo domingo arranca a auténtica aventura, a volta ao mundo por etapas cunha primeira etapa entre Alacante e Cabo Verde.