Publicador de contidos
Publicador de contidos

Como previr a enfermidade de Lyme, unha doenza transmitida pola carracha, que se triplicou en Galicia

Como previr a enfermidade de Lyme, unha doenza transmitida pola carracha, que se triplicou en Galicia

Nalgunhas comarcas, coma na da Fonsagrada, chega a afectar unha de cada mil persoas

G24.gal 08/07/2024 21:11

A de Lugo é a provincia galega cunha maior incidencia da enfermidade de Lyme, unha doenza transmitida pola picada da carracha común que mesmo pode resultar mortal. A maior presenza de fauna silvestre e de animais domésticos en explotacións en extensivo explican o maior risco de contraer este mal en terras lucenses. 

Segundo un estudo do Sergas, nos últimos dez anos a incidencia da enfermidade triplicouse en toda Galicia, pasando de 1,2 a 3,2 casos por cada 100.000 habitantes.

No caso da provincia de Lugo, quintuplica esa incidencia, e mesmo nalgunha comarca, coma na da Fonsagrada, chega a afectar unha de cada mil persoas

"Incrementouse porque aumentou o número de carrachas. Hai máis animais salvaxes, coma os xabarís e os corzos, que contaminan as plantas en lugares por onde pasamos os humanos", di Lorenzo Armenteros, voceiro da Sociedade Española de Médicos de Familia. 

Se aínda con repelentes de carrachas, alguén chega a sufrir unha picada, debe extraer o arácnido amodo e notificarllo ao médico de cabeceira. 

 "Para extraer unha carracha, recoméndase tirar moi amodo cunhas pinzas de xeito perpendicular ao corpo, con pequenos tirónos ata que se desprenda sen que morra e regurxite o contido do seu tubo dixestivo, onde están as bacterias contaminantes", explica Lorenzo Armenteros, voceiro da Sociedade Española de Médicos de Familia.

As carrachas adoitan agacharse nos fentos, polo que convén evitar a maleza ao andar polo monte.

Lorenzo Armenteros, voceiro da Sociedade Española de Médicos de Familia: "Para extraer unha carracha, recoméndase tirar moi amodo cunhas pinzas de xeito perpendicular ao corpo, con pequenos tiróns ata que se desprenda sen que morra e regurxite o contido do seu tubo dixestivo, onde están as bacterias contaminantes". 

As carrachas adoitan agacharse nos fentos, polo que convén evitar a maleza ao andar polo monte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos