Concentración en Lugo contra o decreto que regula o uso de menciñas veterinarias
Consideran que somete o sector a unha maior burocracia, limita o seu criterio clínico e pon en perigo a saúde dos animais
Concentración na praza Maior de Lugo contra o Real Decreto 666/2023 que regula a distribución, prescrición, dispensación e o uso de medicamentos veterinarios.
Profesionais das catro provincias galegas participaron na protesta, convocada polo Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo, para reclamar a derrogación desta normativa "sen precedentes en Europa".
Consideran que somete o sector veterinario a unha maior burocracia e limita seriamente o seu criterio clínico, restándolles competencias, e poñendo en perigo, aseguran, a saúde dos animais.
Neste sentido, critican o sistema PRESVET, que obriga a rexistrar todas as prescricións de antibióticos nunha base de datos controlada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Din que atrasa a toma de decisións.