Conciencia ambiental coa Nova Bauhaus
Conciencia ambiental coa Nova Bauhaus
Unir beleza, sostibilidade e inclusión. Eses son os tres piares fundamentais nos que se basea o movemento Nova Bauhaus que está promovendo Europa non só na arquitectura, tamén na agricultura ou na industria téxtil e tecnolóxica
En Galicia xa hai moitas construcións con conciencia ambiental que fomentan eses valores que Bruxelas promove e que agora quere premiar con novas liñas de financiamento. Construcións respectuosas coa paisaxe que buscan o benestar das persoas.
Custodiada pola fortaleza do Castro, atópase esta casa situada na zona alta da zona vella viguesa. Unha obra de rehabilitación que integra beleza, sostibilidade, pero tamén fomenta a economía circular e a inclusión social.
"Como foi accesible? pois facendo dúas casas en lugar de facer unha máis grande. O cal é máis ecolóxico e máis sostible economicamente e ecoloxicamente. Ao final viven dúas familias en lugar dunha nunha casa grande".
Javier é o seu arquitecto. Leva anos poñendo en práctica os principios deste movemento que Europa quere promover e fomentar. Aproveitar os espazos, reutilizar materiais e lograr ese ansiado aforro enerxético con contras feitas de madeira.
"Esas contras protexerán do sol e con ese pequeno movemento aforra calefacción en inverno e en verán consegues ter un ambiente fresco sen recorrer os aires acondicionados mantendo a luz e as vistas".
Este é un exemplo, pero non o único. Colectivos, institucións, administracións e universidades xa poñen en práctica estes deseños. Javier Couto.
"Un dos pasos deste movemento é ir incorporando financiamento a este proxectos, directa ou indirectamente, para conseguir cambiar o paradigma, non só da construción".
O Clúster da Madeira de Galicia ou o Sergas xa forman parte deste movemento. Este último incorporando espazos nos hospitais de inclusión para os enfermos con ambientes saudables que fomenten o benestar das persoas.