Publicador de contidos
Publicador de contidos

Condenado a 4 anos de prisión o exchofer do director xeral de Traballo de Andalucía

Condenado a 4 anos de prisión o exchofer do director xeral de Traballo de Andalucía

A sentenza recolle que destinou parte dos fondos recibidos das subvencións ao pago de necesidades particulares

Juan Francisco Trujillo , coñecido como o 'chofer da droga', foi xulgado o pasado mes de xaneiro nun peza separada do caso ERE

EFE EFE
G24.gal 20/02/2024 15:42

A Audiencia de Sevilla condenou a catro anos e nove meses de cárcere a Juan Francisco Trujillo, exchofer do exdirector xeral de Traballo da Junta de Andalucía, coñecido como o 'chofer da coca'.

A sentenza considera probado que o coñecido como 'chófer da droga' destinou parte dos fondos recibidos das subvencións ao pago de necesidades particulares do exdirector xeral de Traballo Francisco Javier Guerrero. “Consumicións en restaurantes e establecementos de lecer, e subministración de estupefacientes (cocaína)”, segundo informou nun comunicado o TSXA.

Nunha peza separa do caso ERE, Juan Francisco Trujillo foi xulgado o pasado mes de xaneiro por delitos de prevaricación, malversación de fondos públicos e falsidade en documento oficial polas axudas outorgadas pola Junta de Andalucía a tres sociedades mercantís das que era socio e administrador así como pola subscrición “fraudulenta” de pólizas de seguros a favor da súa propia nai. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade