Coñecemos as características da lingua da illa de Ons
Coñecemos as características da lingua da illa de Ons
Dez anos de estudos e vivencias recollidos agora nun libro de José Manuel Dopazo Entenza
O libro titúlase 'Até aquí podo contar'
Visitamos a illa de Ons para coñecer o primeiro estudo científico sobre as características lingüistícas da súa fala. Un traballo de José Manuel Dopazo, que chega esta semana ás librarías e que pretende ser unha homenaxe á xente deste arquipélago.
Foron dez anos de estudos e vivencias recollidos agora nun libro de José Manuel Dopazo Entenza, para dar a coñecer a fala da illa de Ons
A música ameniza as festas de San Xaquín na illa de Ons. E unha das poucas veces en que centos de persoas da illa regresan para os festexos. O mellor momento para presentar este libro.
Vivencias, historias e horas de gravacións que son recollidas neste libro da editorial Chan da Pólvora, nome dun dos barrios da illa. Un estudo divulgativo de máis de dez anos de investigación compartido co titor da súa tese de doutoramento.
Libro que se acompaña de textos e fotografías inéditas. Este domingo todas esas imaxes estaban expostas na illa. Incluso puidemos falar con algunhas das súas protagonistas.
Non faltaron as homenaxes para todas as persoas que lles seguen dando voz.