O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra dedica esta edición ao cine e a cultura francesa
O certame arracou con boa acollida por parte do público
Esgotáronse as entradas para participar en todos os talleres
O circo entra na biblioteca con esta sesión de malabares e contos de Dani Blanco. É unha das 300 actividades que propón este Salón do Libro de Pontevedra para todos os públicos.
"O Salón cumpre a súa edición 29. Temos como temática o cinema e como país invitado Francia. Unha das novidades deste ano é que ampliamos o noso público, temos actividades para prelectores, pero tamén para o público adulto", conta Eva Mejuto, coordinadora do Salón Libro.
Nas tres primeiras xornadas desta edición a afluencia foi masiva e esgotáronse as entradas para todos os talleres, coma o que desenvolven nesta imprenta.
"O que estamos facendo agora é coa obra de Xulio Verne elaborar unha serie de cartaces da súa obra". "A verdade é que lles encanta, o facer coas mans tamén é moi agradecido", di a encargada da imprenta.
A finalidadade deste evento é facer do libro e da lectura un punto de encontro entre os cativos e as familias, por iso neste Pazo de Cultura hai un espazo tamén para ler.
"Hai máis de 4.000 libros a disposición das familias que veñen, e creo que do que estamos máis orgullosos é de que a xente veña a ler, en familia, cos seus amigos. Ler non é algo aburrido, temos que celebrar o libro como unha festa", di Eva Mejuto.
Unha festa que continuará ata o seis de abril.