Máis do 65 % dos españois le no seu tempo de ocio, o mellor dato desde que hai rexistros
Máis do 65 % dos españois le no seu tempo de ocio, o mellor dato desde que hai rexistros
O estudo sobre os hábitos de lectura en España no ano 2024 confirma que a lectura como actividade de ocio segue medrando desde a pandemia
O 65,5 % dos enquisados din que len fronte ao 34,5% que din que non o fan
Un estudo encargado polos editores de libros en España desmantela ese mito de que cada vez lemos menos. De feito por primeira vez a porcentaxe de lectores supera o 65 %. Son as mulleres as que máis o fan, especialmente as universitarias que viven nunha cidade.
"A aparencia de non quedar ben. Moita xente que non lle gusta ler non lle gusta recoñecelo. E iso pode matizar un pouco estas estatísticas. Pero o importante é que si que vai habendo un aumento dos lectores nos últimos anos", conta Xurxo Patiño, libreiro na libraría viguesa de Librouro.
O perfil das lectoras, porque elas seguen sendo as que máis len, é o dunha muller nova universitaria que vive nunha cidade.
"Pero de sempre as mulleres son as que nós percibimos que len máis, que veñen máis aínda que temos moitos clientes homes moi lectores", conta Sabela Martínez, libreira en Libraría Versus.
Sexa por ocio ou polas necesidades do seu traballo ou estudos este barómetro de lectura e compra de libros reflexa que en España, o ano pasado, o 70,3 % leu algún libro. A media está en dez ao ano.