Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia amplía a esixencia do certificado covid e iniciará a vacinación infantil a partir do 13 de decembro

Galicia amplía a esixencia do certificado covid e iniciará a vacinación infantil a partir do 13 de decembro

O certificado esténdese a ximnasios, hospitais de día, centros de diálise e residencias de maiores

A vacinación para menores de 60 anos comeza o 19 de decembro

G24.gal 02/12/2021 07:28 Última actualización 02/12/2021 15:36

Galicia ampliará a esixencia do certificado covid en lugares pechados como ximnasios, hospitais de día, unidades de diálise ou residencias de maiores, e empezará a vacinar os nenos de 5 a 11 anos a partir do 13 de decembro e o 19 a menores de 60 anos coa terceira dose.

Na conferencia de prensa tras o Consello da Xunta, o presidente Alberto Núñez Feijóo informou de que as doses para a poboación infantil chegarán a España o 13 de decembro. A Xunta conta con recibir entre 55.000 e 58.000 doses para o grupo de nenos de entre 5 e 11 anos, un grupo que en Galicia ascende a unhas 130.000 persoas.

Neste sentido, precisou que dos 1.300 nenos contaxiados, 1.000 son menores de 12 anos, é dicir, están sen vacinar. "Nos centros de educación primaria é onde temos o maior problema", dixo, de aí que amosara a súa preocupación por tratar de iniciar canto antes a vacinación deste grupo.

En canto á ampliación do certificado covid, será unha medida que analizará mañá o subcomité clínico e que precisa da autorización previa do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Todos os espazos pechados con posibilidade de contaxio, sobre todo ximnasios, residencias de maiores e lugares con persoas inmunodeprimidas como hospitais de día onco-hematolóxicos e unidades de diálise. 

Feijóo advertiu que a situación epidemiolóxica está "a empeorar" nas últimas semanas, a pesar do cal a situación asistencial nos hospitais segue sendo "relativamente boa", polo que insistiu en pedir "prudencia" e manter "a menor interacción social posible", sobre todo na próxima ponte festiva.

Dependendo de se se mantén a responsabilidade nas medidas de seguridade, hai dous escenarios ben distintos para o Nadal, avisou, o peor dos cales supoñería un empeoramento da situación epidemiolóxica durante todo o mes de decembro e as consecuentes medidas para paliala. 

Minuto a minuto

13:14

Comeza a conferencia de prensa posterior ao Consello da Xunta

13:15

"A incidencia está empeorando", di Núñez Feijóo, que constata que Galicia está por riba da media de España en incidencia, aínda que con menor ocupación de UCI e hospitalización.

13:17

Respecto da vacinación, o presidente di que "comezou a inocularse a terceira dose no grupo de 60-69 anos que queremos rematar antes do 19 de decembro, e tamén a todo o persoal sanitario e socio-sanitario", 

13:18

"O 13 de decembro chegarán as primeiras doses para a poboación infantil". España recibirá 1,3 millóns de doses, di Feijóo, que di que "a Galicia corresponderíanlle 55.058 vacinas". "Empezaríamos con nenos inmunodeprimidos e seguiremos por criterios de idade"

13:20

"A situación epidemiolóxica está clarisimamente empeorando nas últimas semanas", pero "non é igual que hai un ano".

 

13:21

"En función do comportamento individual e colectivo dos vindeiros días, especialmente na ponte, estaremos ante unha prospección máis razonable de baixar o número de novos contaxios ou se se intensifican as interaccións seguriá subindo a incidencia".

13:23

Ademais da hostalaría, "pediremos certificado covid en ximnasios, hospitais de día, unidades de diálise e residencias de maiores"

13:25

En materia industrial, o presidente anuncia que "abrimos unha consulta para que as empresas realicen manifestacións de interese de investimentos. Trátase de poñer en marcha espazos industriais compartidos"

13:28

A Xunta investirá 8 millóns de euros para mercar 50 robots que tramiten expedientes administrativos repetitivos da administración autonómica"

13:30

A Xunta investirá 26 millóns de euros na adquisición de cinco tipos de medicamentos destinados a tratar a esclerose múltiple, que sofren en Galicia unhas 3.000 persoas

13:35

En materia social, o Consello acordou manter a tarxeta básica para alimentos disposta para atender familias vulnerables durante a emerxencia sanitaria. Chegou a 57.000 beneficiarios que percibiron entre150 e 300 euros ao mes. "Manteremos o crédito ata o primeiro semestre do ano 22".

13:37

No eido de Igualdade, o Executivo autonómico deulle luz verde a algo máis de 5 millóns de euros para axudas mensuais ás vítimas de violencia machista. Ademais, destina 450.000 euros a entidades sociais que atenden necesidades dunhas 700 persoas vítimas de trata

13:51

Núñez Feijóo anuncia que a Xunta vai presentar un recurso "para defender o nome da Ría de Ribadeo", porque "non hai soporte legal para defender esa decisión". "Non entendemos a decisión", insiste o presidente, polo que "recorremos a decisión do Goberno central"

13:53

Comeza a quenda de preguntas

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade