Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PERTE de renovables mobilizará 16.300 millóns de euros e creará 280.000 empregos

O PERTE de renovables mobilizará 16.300 millóns de euros e creará 280.000 empregos

O sector público achegará máis dos 6.900 millóns de investimento que está previsto que mobilice o PERTE

G24.gal 14/12/2021 07:43

O Goberno aprobou este martes o Proxecto estratéxico para a recuperación e transformación económica de enerxías renovables, hidróxeno renovable e almacenamento que mobilizará un investimento de máis de 16.300 millóns e creará 280.000 postos de traballo, entre directos, indirectos e inducidos.

O sector público achegará máis dos 6.900 millóns de investimento que está previsto que mobilice o PERTE, aprobado polo Consello de Ministros este martes, e calcúlase que atraerá un investimento privado de preto de 9.500 millóns de euros.

O groso das liñas de axuda do PERTE estarán dispoñibles entre 2022 e 2023, e os proxectos executaranse ata 2026.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade