Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vigo poderá aprobar o PXOM tras darlle a Xunta o visto e prace ao informe ambiental

Vigo poderá aprobar o PXOM tras darlle a Xunta o visto e prace ao informe ambiental

O trámite permitirá que o Concello vigués poida aprobar de maneira provisional o plan xeral de ordenación municipal

G24.gal 31/08/2023 11:41 Última actualización 31/08/2023 14:29

O Concello de Vigo recibiu o visto e prace da Xunta á declaración de impacto ambiental, o último trámite previo que necesitaba para poder sacar adiante o plan xeral de ordenación municipal (PXOM).

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, cualificou, tras a reunión do Consello de la Xunta, en que se avanzou neste último procedemento, como "importantísimo" que Vigo, "primeira cidade de Galicia", conte co PXOM e lembrou que a administración autonómica acurtou os prazos para dar resposta ao Concello de Vigo.

O consistorio vigués contestou o pasado venres o requirimento de información que lle facía a Xunta para tramitar a declaración de impacto ambiental.

"Seis días despois, no Consello démoslle o visto e prace ao expediente", indicou o presidente galego, quen engadiu que o Concello poderá "inmediatamente aprobar de maneira provisoria o PXOM e, posteriormente, facer o definitivo".

En 2015, o Tribunal Supremo declarou nulo o PXOM de Vigo aprobado en 2007, que entrara en vigor en 2008 e que recibira o visto e prace da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en 2009.

Desde que se anulou, volveu entrar en vigor o anterior, de hai tres décadas, e en 2019 aprobouse un instrumento provisional que caduca este ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade