A Xunta crea unhas axudas para a compra de dispositivos e evitar o 'apagamento da TDT'
A Xunta crea unhas axudas para a compra de dispositivos e evitar o 'apagamento da TDT'
Alfonso Rueda cifrou en 4.300 as vivendas afectadas en 260 concellos que sen a adaptación non poderán ver a televisión a partir do 14 de febreiro
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou este xoves que a administración galega lanzará axudas para que 4.300 vivendas poidan adquirir dispositivos cos que poidan evitar o 'apagamento da TDT', xa que a partir do 14 de febreiro só van emitir canles en alta definición.
Na súa comparecencia posterior á reunión semanal do Consello, Rueda anunciou estas subvencións para que as casas situadas en "zonas en sombra", que dependen do servizo TDT-satélite, non queden sen este servizo.
O presidente estimou nunhas 4.300 vivendas de 260 concellos que se verán afectados por este 'apagamento' sen "ningún tipo de apoio" por parte do Goberno central, que foi quen fixou a data.
Para a primeira vivenda, prevese que a subvención alcance a totalidade do custo do aparello, mentres que para segundos domicilios será o 50 por cento.
O Consello de la Xunta tamén aprobou hoxe unha nova convocatoria de axudas para a compra de fotovoltaicas ou sistemas térmicos, como caldeiras de biomasa. Poderán solicitalas nas próximas semanas particulares para vivendas unifamiliares ou comunidades de veciños para edificios.
En materia de vivenda a Xunta aproba tamén axudas directas de ata 20 mil para a compra de vivenda catalogada ou casas en centros históricos ou concellos de menos de dez mil habitantes.