Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta prepara a campaña da gripe coa compra de vacinas de alta carga para persoas de maior risco

A Xunta prepara a campaña da gripe coa compra de vacinas de alta carga para persoas de maior risco

O consello da Xunta aprobou este xoves a compra de vacinas para inmunizar a persoas de máis de 80 anos, ás de máis de 60 que viven en residencias e aos pacientes inmunodeprimidos

G24.gal 07/03/2024 12:46 Última actualización 07/03/2024 14:43

O Consello da Xunta aprobou na súa reunión deste xoves destinar 6,3 millóns de euros para a compra de vacinas contra a gripe de alta carga destinadas á próxima campaña de outono de inmunización contra esta enfermidade.

Os destinatarios destas vacinas, das que se van adquirir 210.000 doses, serán os maiores de 80 anos e as de máis de 60 que vivan en residencias. Amais tamén está previsto que se lles administren por primeira vez aos pacientes inmuodeprimidos.

O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, destaca a aposta de Galicia por reforzar o calendario vacinal.

Rueda tamén avanzou que a Xunta dedicará 2,8 millóns para a compra de vacinas antigripais para o resto de poboación e asegura que o póximo outono o Sergas disporá das doses intranasais para imnunizar os máis pequenos sen picazos.

Solicitude de prazas en escolas infantís

Alfonso Rueda, tamén anunciou que a próxima semana se iniciará o proceso para solicitar praza nas escolas infantís públicas dependentes da Xunta de Galicia, de cara ao próximo curso.

Será en concreto a partir do 16 de marzo cando as familias poidan pedir unha das 10.500 prazas dispoñibles na rede de 175 escolas infantís de titularidade pública. O prazo rematará o 5 de abril. 

O presidente da Xunta destacou que este será o terceiro ano consecutivo no que este servizo será gratuíto para as familias e nesta ocasión vaise dar preferencia aos nenos que teñan os seus dous proxenitores traballando, que contarán con máis puntuación no baremo para o acceso ás prazas dispoñibles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade