A Xunta impulsa unha estratexia para reforzar a posición de Galicia como refuxio climático
A Xunta impulsa unha estratexia para reforzar a posición de Galicia como refuxio climático
O proxecto pretende impulsar a creación de "pulmóns verdes" nas áreas urbanas e as súas contornas
O Consello da Xunta aprobou este luns a elaboración dunha Estratexia de Infraestrutura Verde, para promover este tipo de espazos e reforzar a posición de Galicia como refuxio climático e como destino turístico verde e sostible.
Estas infraestruturas, segundo explicou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, "son espazos impulsados pola UE que actúan como pulmóns verdes que axudan a conservar a flora e a fauna nos entornos urbanos e nas súas contornas".
"A prioridade é actuar nas cidades, xa que aquí é onde se concentran entre o 60-70 % da emisión de gases de efecto invernadoiro", explicou Rueda.
As iniciativas centraranse en "facer novos parques e xardíns, rúas verdes, plantación de árbores autóctonas, microrreservas que sirvan de refuxio á fauna, e identificar áreas prioritarias de restauración ecolóxica", relatou o presidente da Xunta.