Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Plan estratéxico da xuventude da Xunta buscará potencias as oportunidades de desenvolvemento dos mozos

O Plan estratéxico da xuventude da Xunta buscará potencias as oportunidades de desenvolvemento dos mozos

O Goberno galego aproba destinar 4 millóns a potenciar a comercialización da tecnoloxía xerada en Galicia

G24.gal 07/04/2025 11:47 Última actualización 07/04/2025 15:13

Consello da Xunta aprobou este luns o Plan estratéxico da xuventude 2025-27, dotado con máis de 700 millóns de euros, no que a través de distintos departamentos da administración autonómica buscará apoiar os mozos en tres ámbitos: a súa formación e a empregabilidade, o benestar físico e psicolóxico, e a emancipación.

Segundo explicou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o plan contará con 130 medidas, destinadas aos mozos galegos, unhas 400.000 persoas entre os 14 e os 30 anos

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, detallou esas medidas, e destacou a importancia de "garantir que a xuventude teña oportunidades para desenvolverse plenamente".

O plan divídese en 12 áreas estratéxicas e constitúe unha "folla de rúa sólido, integral e transversal" de todo o Goberno galego para mellorar a vida dos mozos.

Entre as medidas do plan, o conselleiro destacou as de fomento da mobilidade, como a posta en marcha do programa Galicia Moza con Alma para estancias formativas en empresas da UE, así como a ampliación de prazas en residencias xuvenís, unhas 500 máis en todo o territorio para "atallar o problema de vivenda" de quen por razóns de estudo ou traballo tense que desprazar a outra localidade.

Con respecto ao problema da vivenda, que López Campos destacou como un dos principais da mocidade, referiu que o Bono Emancípache -unha axuda da Xunta para afrontar os primeiros gastos da emancipación- xa recibiu 3.300 solicitudes e segue aberto ata finais deste mes.

Trasladar os resultados do I+D+i

O Consello da Xunta tamén aprobou lanzar a primeira convocatoria, dentro do Plan galego de investigación e innovación 2025-27, para impulsar a colaboración entre as administracións e as universidades coa empresa privada e promover que os resultados do I+D+i teñan aplicacións prácticas na sociedade.

Esta primeira convocatoria, o programa Ignicia, está dotada de 4 millóns de euros para apoiar a creación de spin-off e a comercialización de tecnoloxía creada en Galicia, froito dese I+D+i.

Amais o Consello tamén aprobou un decreto para crear unha Rede de Nodos de Innovación Sanitaria, un por cada área sanitaria, para poder axudar a xestionar as ideas e propostas do persoal sanitario ou grupos de investigación para mellorar o sistema público de saúde.

Segundo explicou o presidente da Xunta, as asociacións de pacientes e outras entidades tamén poderán canalizar as súas propostas a través destes nodos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos