Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aviso amarelo no litoral e varias incidencias nas estradas galegas

Aviso amarelo no litoral e varias incidencias nas estradas galegas

A caída dunha árbore obriga a cortar, de xeito parcial, a estrada N-IV en Lugo 

O derrubamento dun noiro interrompe a circulación na LU-P-4103 en Ribas de Sil

G24.gal 10/03/2024 16:06 Última actualización 10/03/2024 19:26

A situación no litoral mellorou algo nas últimas horas, pero toda a costa galega continúa en aviso amarelo por mar de fondo con ondas por riba dos cinco metros. A situación máis complicada está nas Rías Baixas, na Costa da Morte e no noroeste da Coruña.

A borrasca Mónica afástase de Galicia para dar paso a unha xornada, este luns, de situación intermedia. Porén, as últimas rabexadas deste temporal de alto impacto deixaron algunha incidencia importante.

A estrada Nacional VI estivo cortada parcialmente á altura do balneario, no concello de Lugo, pola caída dun piñeiro de grandes dimensións.

A árbore ocupaba por completo un dos carrís e parte do outro. Os bombeiros de Lugo tiveron que tronzalo para poder retiralo da calzada. O desprendemento ocasionou importantes retencións na vía.

Derrubamento en Ribas de Sil

Tamén se produciron cortes na estrada provincial LU-P-4103, que vai de Santo Estevo a Pantón, á altura do quilómetro 12, en Ribas de Sil.

Segundo informa a Deputación, as intensas choivas dos últimos días provocaron o derrubamento dun noiro sobre a calzada.

A institución provincial habilitou desvíos alternativos, debidamente sinalizados, e asegura estar a actuar coa máxima celeridade para restablecer o tráfico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade