Publicador de contidos
Publicador de contidos

Convocadas case 500 prazas de emprego público na Administración galega

Convocadas case 500 prazas de emprego público na Administración galega

Son 17 prazas na escala superior de finanzas, 18 prazas na escala técnica de finanzas, 93 na escala de veterinarios, 14 prazas na especialidade de bioloxía e 29 na especialidade de medicina

Os interesados en participar nestes procesos terán 20 días hábiles para facelo constar no modelo de solicitude electrónica na páxina web da Dirección Xeral de Función Pública (funcionpublica.xunta.gal), e aboar a taxa que estea vixente no momento de presentala

G24.gal 29/01/2024 10:50

O Diario Oficial de Galicia publicou este luns a convocatoria de 487 prazas de emprego público de acceso libre na administración galega. Segundo explican nun comunicado, son 17 prazas na escala superior de finanzas (A1), 18 prazas na escala técnica de finanzas (A2), 93 na escala de veterinarios (A1), 14 prazas na especialidade de bioloxía (A1) e 29 na especialidade de medicina (A1).

Doutra banda, convócanse dúas prazas na escala de subinspección urbanística (A2), 42 prazas na especialidade de enfermería (A2), 21 na escala de educadores sociais (A2), 12 na escala auxiliar de laboratorio (C2), 83 prazas na escala de persoal de servizos xerais (C2), 124 prazas na escala de axentes técnicos facultativos de educación infantil (C1/B) e 13 prazas na escala de xerocultor (C2).

Tamén se convocan 19 prazas na agrupación de persoal subalterno reservadas para persoas con discapacidade intelectual. Os interesados en participar nestes procesos terán 20 días hábiles (que se contan a partir do día seguinte ao da publicación no DOG) para facelo constar no modelo de solicitude electrónica que se facilita gratuitamente na páxina web da Dirección Xeral de Función Pública (funcionpublica.xunta.gal) e aboar a taxa que estea vixente no momento de presentala.

O modelo de solicitude está dispoñible na ruta 'Procesos selectivos'-'Xeración e presentación de solicitudes de procesos selectivos', e os aspirantes deben dispoñer dun certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT), DNI electrónico ou Chave365.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade