Conxelar o tempo a través da fotografía
Un grupo de escolares galegos puideron poñer a proba os seus coñecementos en fotografía aplicando técnicas propias de artistas referentes no campo da moda, como é o caso de Irving Penn
Un programa educativo xira arredor da exposición que promove a Fundación Marta Ortega na Coruña para fomentar a visión artística nas aulas
Descubrir que unha fotografía é moito máis ca unha imaxe, é un proxecto artístico, partindo de obxectos persoais cun significado especial. É o reto que teñen por diante os escolares que participan no programa educativo da Fundación Marta Ortega.
Dez artistas locais especializados en fotografías, deseño gráfico, pintura ou escultura experimentarán con alumnos en distintas dinámicas adaptadas ao seu nivel e centradas nun termo que acuñou o propio Irving Penn, que é o fotografísmo, para describir a combinación de artes que dá lugar a imaxes características.
Neste programa educativo que promove a Fundación Marta Ortega está previsto que participen preto de nove mil estudantes de 170 centros educativos de toda Galicia, á par dunha mostra que permanecerá aberta ao público ata o vindeiro mes de maio.