Publicador de contidos
Publicador de contidos

Corea do Norte lanza un mísil balístico de curto alcance ao mar do Xapón

Corea do Norte lanza un mísil balístico de curto alcance ao mar do Xapón

O lanzamento considérase unha resposta de Pionyang ás manobras conxuntas de Seúl e Wahshington no sur da península

As autoridades nipoas considera As autoridades nipoas considera "inaceptables" estas probas
G24.gal 19/03/2023 08:12 Última actualización 19/03/2023 09:12

Corea do Norte lanzou este domingo un mísil balístico de curto alcance ao mar do Xapón, segundo informa o Exército surcoreano e as autoridades nipoas.

O Estado Maior Conxunto surcoreano detectou este domingo o novo test de Pionyang, tras o lanzamento do xoves dun novo tipo de mísil balístico intercontinental (ICBM), que, segundo o réxime, é o de maior alcance potencial do seu arsenal.

Segundo sinala nun comunicado, "continúa levando a cabo unha análise en profundidade dos detalles do lanzamento" xunto aos Estados Unidos.

Ademais, asegura que os aliados continuarán cos seus exercicios militares "de alta intensidade" mentres manteñen a súa preparación para responder de xeito "abafador" ás provocacións do Norte.

O Ministerio de Defensa xaponés tamén detectou o lanzamento e sinalou que o mísil caeu en augas fóra do seu espazo económico exclusivo (EEZ).

O Goberno nipón considera que os continuos tests armamentísticos do Norte "son totalmente inaceptables e supoñen unha ameaza para a paz e a seguridade do Xapón, a rexión e a comunidade internacional".

O lanzamento considérase unha nova resposta de Pionyang ás manobras conxuntas que levan a cabo Seúl e Wahshington no sur da península, vistas polo Norte como "un ensaio de invasión do seu territorio e ás que prometeu dar "unha resposta sen precedentes".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade