Publicador de contidos
Publicador de contidos

Corenta anos de Urovesa como provedora das Forzas Armadas

Corenta anos de Urovesa como provedora das Forzas Armadas

A empresa produce camións, blindados, todo terreo e outros vehículos especiais para 30 países

Mónica Vidal 26/10/2024 15:30

Desde a zona de Asia Pacífico ata Oriente Medio. Urovesa, unha empresa de Santiago, é provedora de camións, blindados, todo terreo e outros vehículos especiais para 30 países do mundo.

A empresa naceu no ano 81 e converteuse moi pronto nunha das principais fornecedoras das Forzas Armadas españolas. Hoxe ten a exclusiva da subministración dos xa míticos VAMTAC, unha versátil plataforma todo terreo con máis de 1.500 quilos de capacidade de carga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos