Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cortan por obras o acceso ao Coliseo da Coruña desde a avenida Alfonso Molina

Cortan por obras o acceso ao Coliseo da Coruña desde a avenida Alfonso Molina

A alternativa para ir a Pocomaco é o Campus de Elviña ou a Terceira Ronda 

Estiman que as obras que obrigan a pechar o desvío durarán dez días

G24.gal 31/01/2024 14:32

Arredor das dez da mañá, os operarios da obra pechaban o carril que dá acceso á zona do Coliseo e ao polígono de Pocomaco desde a avenida Alfonso Molina. Pese a estar avisado con antelación, o peche sorprendeu a algúns condutores. 

Este corte non ten que ver coas obras de ampliación que se están facendo na grande avenida de acceso á Coruña. En realidade o que se pretende, cegando este desvío de Afonso Molina, é quitar o trafico da avenida García-Sabell para poder facer uns traballos de mellora nas canalizacións da rede abastecemento de auga da cidade. 

A sinalización de obra propón o desvío cara ao campus universitario de Elviña e cara á Terceira Ronda, pero hai quen considera que se indica con pouca marxe de manobra. Se os traballos van conforme ao plan previsto, en dez días este acceso estaría de novo aberto ao tráfico. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade