Publicador de contidos
Publicador de contidos

Coruxo e Ximnástica Torrelavega empatan para pechar o ano

Coruxo e Ximnástica Torrelavega empatan para pechar o ano

Os visitantes necesitaban os puntos para conseguir a permanencia cos de David de Dios xa salvados

G24.gal 05/05/2024 15:14

A Ximnástica de Torrelavega visitaba o Vao xogándoo todo, pois do seu resultado e do que pasase no resto de encontros dependería a súa permanencia na segunda federación para o ano que vén. Ante esta, un Coruxo C. F. sen opcións a pelexar pola promoción de ascenso nin con posibilidades de caer ao descenso. Último partido para despedir a tempada no Vao dos de David de Dios. 

O partido comezaba trabado con dous equipos que non conseguían materializar o que propoñían e de xerar ocasións claras. O Coruxo buscábaas saíndo con velocidade en transición e así sería como chegaría o gol de Davo. Xogada por banda esquerda que remata nun centro lateral o cal o dianteiro do Coruxo envía ao fondo da rede local. Máis adiante seguirían facendo sangue os locais con xogadas verticais polo lado dereito, mais sen chegar a finalizar. A máis clara antes do descanso sería para os visitantes, que enviarían o balón ao pau superior da portería local nun cabezazo. 

A segunda parte comezaría cunha Ximnástica máis acelerada e con maior iniciativa, buscando con máis ansia remontar o partido para poder depender de si mesma. Chegaríalle a fortuna do gol aos visitantes, que igualarían da man de Javi Delgado no minuto 48. A segunda metade seguiría sendo dominada polos cántabros mais sen o beneficio do gol. Habería ocasións para ambos bandos, pero ningún conseguiría concretar e pechar o partido. 

O partido remataría en táboas, 1-1 e ambos contentos. O Coruxo rematou a tempada sen maiores novidades neste último encontro e a Ximnástica conseguiu asegurar a súa salvación. O ano que vén ambos seguirán formando parte da Segunda Federación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos