Coudet avoga por mellorar a definición de cara a porta
Coudet avoga por mellorar a definición de cara a porta
O Celta recibe mañá en Balaídos ao Mallorca (18:30 horas)
Logo de tres xornadas sen gañar, o Celta buscará mañá prolongar a súa mellora en Balaídos cun triunfo que relance as súas opcións de engancharse á parte alta.
Será contra o Mallorca, que chega nunha situación moito máis apurada, mirando claramente cara abaixo na clasificación. Os de Coudet fuxen da relaxacións, conscientes de que o partido pode significar un punto de inflexión na temporada.
Coudet insitiu moito nun aspecto a mellorar neste Celta: a finalización
Coudet insitiu moito nun aspecto a mellorar neste @RCCeltaGL: a finalización
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) March 5, 2022
🎙️ "Necesitamos finalizar moito máis, sóbranos moito un pase"
🎙️ "Non pode ser que fagas 700 pases contra o @Atleti e non tires a porta en relación a eses números"
Rematou falando do mercado de verán pic.twitter.com/ASjmRSPm2B
Hoxe Coudet estaba moi ledo e falador. Cun sorriso e comparando as preguntas dos xornalistas cos consellos da súa nai, confirmou a convocatoria: "todos dispoñibles e con Coke Carrillo e Carlos Domínguez do filial"
Tamen explicou que agora xa coñece o termo "terra de ninguén" e que o tería asinado a principio de tempada.