Publicador de contidos
Publicador de contidos

Carlos Carvalhal xa asinou o seu contrato co Celta

Carlos Carvalhal xa asinou o seu contrato co Celta

O técnico portugués substitúe ao Chacho Coudet

A súa intención é adestrar esta tarde en Balaídos

G24.gal 02/11/2022 07:19 Última actualización 02/11/2022 10:57

Carlos Carvalhal xa asinou o seu contrato co Celta, só falta a confirmación oficial.

Había unha corrente dentro da directiva partidaria de agardar a parada do Mundial pero nas últimas horas aceleráronse as conversas para poñer o final á era Coudet. Os malos resultados (só 1 dos últimos 15 puntos) provocaron que a directiva decidise mover ficha.

Carvalhal é un adestrador da plena confianza do director deportivo Luís Campos. Trátase un técnico de moito prestixio en Portugal, nacido na veciña Braga e que está sen equipo despois dunha curta experiencia no Al Wahda de Abu Dhabi. Nas dúas últimas temporadas destacou o seu traballo á fronte do Sporting de Braga e ten unha amplísima experiencia como técnico en Portugal, Inglaterra (Sheffield, Swansea), Turquía e como formador de futuras estrelas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade