Publicador de contidos
Publicador de contidos

Carvalhal, antes da visita a Cádiz: "É unha nova final, e sabemos o que temos que facer"

Carvalhal, antes da visita a Cádiz: "É unha nova final, e sabemos o que temos que facer"

O técnico defende que o seu equipo mellorou moito a nivel defensivo

Non confirmou se Iago Aspas será titular

G24.gal 27/05/2023 14:03

O Celta disputa mañá un encontro decisivo no Novo Mirandilla, nas súas aspiracións de deixar asegurada, dunha vez por todas, a permanencia na Primeira División. "Unha final, a segunda despois da do Xirona", segundo a definiu o técnico, Carlos Carvalhal

O portugués defende que o seu equipo "sabe o que ten que facer. Melloramos moito a nivel defensivo, so tempos que evitar os pequenos erros individuais". 

Sobre a lesión de Iago Aspas, Carvalhal non asegurou se vai ser titular. Afirmou que hai que agardar para ver como reacciona tras a carga de traballo da última sesión.

En Cádiz o Celta non vai estar só. Varios autobises de afeccionados van acompañar o equipo, e Carvalhal agarda "que lles poidamos alegrar a longa viaxe de volta, logo de acadar os puntos".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos