Manu Sánchez, futuro lateral esquerdo do R. C. Celta
Manu Sánchez, futuro lateral esquerdo do R. C. Celta
O lateral realizou esta tempada as mesmas asistencias en liga (3) sendo 6 anos máis novo
O internacional sub-21 procedente do Atlético tamén estuda a carreira de dereito
Manu Sánchez sustituirá a Javi Galán no lateral esquerdo do R. C. Celta. O xogador, 6 anos menor que o ex do Huesca, estivo as derradeiras dúas temporadas e media cedido polo Atlético de Madrid no Osasuna, mais non é únicamente futbolista, pois tamén se atopa estudiando a carreira de Dereito.
O xogador chegaría a Vigo na mesma operación na que Javi Galán iría ao equipo dirixido polo Cholo Simeone, mais economicamente todo apunta a que se realizarán de forma independente.
O internacional sub-21 está disputando o Europeo coa selección de Santi Denia, compartindo concentración co celeste Gabri Veiga e xogando os 90 minutos no partido pola clasificación aos cuartos de final fronte a Ucraína.
Con números moi semellantes aos do onubense, ambos 3 asistencias en liga esta tempada pero o madrileño en 6 encontros menos, Manu Sánchez foi un fixo para Jagoba Arrasate e para un Club Atlético Osasuna que logrou disputar a final da Copa do Rei ante o Real Madrid e que conseguiu unha sétima praza que os clasificaba a Conference League antes do comunicado da UEFA.
Manu Sánchez xa asistiu en Balaídos en dúas ocasións, na tempada 2020-2021 co Atlético de Madrid e este mesmo ano na vitoria de Osasuna por 1-2 en Vigo. Veremos se finalmente se converte nun fixo tamén para Benítez e aumenta os seus números en Balaídos.