Publicador de contidos
Publicador de contidos

Carvalhal recupera a Mingueza para recibir o Valencia

Carvalhal recupera a Mingueza para recibir o Valencia

O Celta busca achegarse á permanencia contra un rival en problemas

G24.gal 13/05/2023 10:14

O Celta recibe mañá o Valencia á busca de asegurar a permanencia. Para iso precisa un triunfo mañá, a partir das dúas, contra o Valencia, o equipo que marca arestora a permanencia con 5 puntos menos. Así o confirmou o propio técnico portugués, que compareceu perante os medios na previa do encontro: "Temos o obxectivo a man, e imos ir por el con todas as forzas. Temos presión, pero hai presión positiva e negativa".

Carvalhal revela as claves logo da última derrota: "Despois do partido de Xetafe tivemos unha conversa no vestiario, todos falamos e o reflexo viuse nos adestramentos".

Antes do partido, Carlos Carvalhal recibiu unha boa noticia. Recupera a Óscar Mingueza, logo de once xornadas lesionado. Complicouse o seu problema físico, pero xa está disposición do técnico para entrar na convocatoria para o partido. Por contra, o técnico non pode contar con Aidoo nin con Galán, os dous por sanción.

"Pode ser un partido atractivo, pero o fútbol é como un melón, nunca sabes o que hai dentro", indica o adestrador. E concluiu pedindo o apoio da afección: "Vai ser moi importante para gañar o partido de mañá".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade