Publicador de contidos
Publicador de contidos

Coudet: "E que dixo de raro Iago Aspas?"

Coudet: "E que dixo de raro Iago Aspas?"

O Celta busca a vitoria en Almería logo de catro xornadas sen gañar

Coudet: "Aspas non dixo nada raro cando cando afirmou que baixou a calidade do equipo" 

O técnico confirmou a modificación do seu contrato, rescindible en 2023 por calquera das partes

G24.gal 28/10/2022 21:30

Coudet non lle quita a razón a Aspas, pero non quere dar titulares, así que lles devolve aos xornalistas a pregunta de se tamén cre que o Celta perdeu calidade: "Alguén pensa que temos máis que o torneo pasado? E que dixo de raro Iago Aspas?", concedeu o adestrador. 

Asegura que ve moitos aspectos positivos no xogo. E que gañar en Almería referendaría o traballo: "Necesitamos gañar. No último partido hai moitas cousas para repetir e defensivamente fixemos un partido perfecto", dixo. 

Coudet puntualizou a información que se publicou esta semana sobre a modificación do seu contrato, rescindible ó final desta temporada aínda que se anunciara ata 2024: "Existe esa cláusula de que se algunha das dúas partes quere desfacer o contrato en xuño de 2023, pode facelo.

Non sei de onde saíu a noticia nin por que pero non me perturba, aínda que é un contrato privado", concluíu.

Ademais Coudet explicou que a lesión de Luca de la Torre non lle vai impedir ir ao Mundial. E atención porque Gabri Veiga está na prelista de Luis Enrique, segundo publican varios medios. Non vai nin coa sub-21, pero o seleccionador absoluto xa lle botou o ollo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar