Coudet regresa á Liga en substitución de García Plaza no Alavés
Coudet regresa á Liga en substitución de García Plaza no Alavés
O arxentino dirixiu o Celta durante tres temporadas
O exadestrador do Celta Eduardo Coudet volve á Liga. Acaba de asinar co Deportivo Alavés, que cesou a Luis García Plaza. O equipo vitoriano atópase fóra dos postos de descenso, pero a mala dinámica das últimas xornadas propiciou que a directiva tomase unha decisión tan drástica.
Eduardo Coudet (1974) foi xogador e adestrador do Celta. Como xogador pasou sen pena nin gloria, pero como técnico deixou unha fonda pegada. Chegou en novembro de 2022 para suplir a Òscar Garcia. Colleu o equipo nunha situación moi complicada e conseguiu reflotalo ata ocupar unha das mellores posicións nos últimos anos, ás portas de Europa e encadeando cinco vitorias seguidas no treito final do campionato.
No ano seguinte, o Celta acabou no medio da táboa sen dificultades para manterse. Foi no terceiro ano cando a directiva decidiu cambialo, tamén en novembro. Daquela, o seu substituto foi Carlos Carvalhal. O seu destino estaba no fútbol brasileiro. Primeiro no Atlético Mineiro e despois no Internacional de Porto Alegre, onde coincidiu con Hugo Mallo e ao que levou a unha semifinal da Copa Libertadores.