Coudet volverá sentar no banco no partido ante a Real
Coudet volverá sentar no banco no partido ante a Real
O técnico volveu logo de pasar dous partidos na Arxentina por un problema persoal
Eduardo Coudet está de volta. Logo de faltar nos dous últimos partidos do Celta por un problema persoal, o adestrador volveu coller os mandos do equipo na previa da visita da Real Sociedade a Balaídos. O técnico agradeceu a comprensión e o respecto de afección, club e medios diante do seu problema, antes de pasar revista aos asuntos máis destacados do partido.
Un dos nomes propios é, sen dúbida, o de Brais Méndez. O de Mos triunfa na Real Sociedade logo de deixar o Celta no pasado mercado. Coudet alégrase de que triunfe, pero laiouse de que sexa en San Sebastián, onde o levou o seu homólogo Imanol.
O técnico do Celta tamén cre que os tres puntos en xogo son especialmente importantes, por ser contra un rival que non se lles deu ben nas últimas datas, e porque lle permitirían ao equipo vigués dar un chimpo na clasificación.