Publicador de contidos
Publicador de contidos

CovidBens confirma que ómicron é a variante predominante na área da Coruña

CovidBens confirma que ómicron é a variante predominante na área da Coruña

Ómicron acaparaba o 66 % da carga viral nas augas residuais nas mostras da semana pasada

Os investigadores estiman que a día de hoxe debe andar xa polo 80 %

G24.gal 30/12/2021 13:51

As análises dos investigadores do proxecto CovidBens confirman que ómicron é xa a variante do coronavirus que predomina na zona da Coruña. Representa o 66 por cento da carga viral presente nas augas residuais. Son datos das mostras recollidas a pasada semana.

Os investigadores están convencidos de que agora mesmo a incidencia da ómicron é moito maior. Margarita Poza, coordinadora do proxecto CovidBens, opina que xa se debe andar polo 80 %.

Ómicron está impulsando con forza a sexta onda da pandemia nesta área sanitaria, igual que acontece en todo o mundo.

Poza afirma que "noutras cidades europeas xa se viu que en menos dun mes ómicron acadou a porcentaxe máxima. Coas medidas adoptadas e un pouco de precaución por parte dos cidadáns pode ser que vaia baixando. Pero polo de agora non. De feito, a carga viral que vemos agora é a máis alta que vimos nunca"

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade