Convocados para esta fin de semana os 18.377 aspirantes a 779 prazas do Sergas
Convocados para esta fin de semana os 18.377 aspirantes a 779 prazas do Sergas
Os exames celebraranse no recinto feiral de Silleda entre o sábado e o domingo
Un total de 18.377 aspirantes a 779 prazas do Sergas están convocados a realizar os exames de oposición esta fin de semana no Recinto Feiral Internacional de Galicia en Silleda. As prazas e exames divídense en 10 categorías do sistema sanitario público galego.
O sábado examinaranse 1.618 persoas para as categorías de enfermeiro especialista en enfermería obstétrico-xinecoloxía, técnico superior en imaxe para o diagnóstico, técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información e terapeuta ocupacional.
Na tarde do sábado, examinaranse as 7.790 persoas admitidas na categoría do grupo auxiliar da función administrativa, para a que se ofertan en total 318 postos de traballo.
Un total de 669 aspirantes examinaranse a mañá do domingo. As prazas dispoñibles son 10 de enxeñeiro técnico, 32 de enfermeiro especialista en enfermería pediátrica, 31 de enfermeiro especialista en enfermaría de saúde mental e 17 de odontólogo de atención primaria. A categoría de celador foi a de máis admitidos, con 8.300 persoas. En total hai dispoñibles 306 postos.
Un aspirante examinarase desde fóra de Galicia
Por primeira vez, realizarase un exame de oposición ao Sergas desde fóra de Galicia. Unha aspirante con 39 semanas de embarazo cumpridas realizará a proba nun hospital canario.
Así mesmo, toda aquela muller que estea de parto o día en que teñen lugar os exercicios de oposición poderá efectualo nos 15 días seguintes á realización das probas.