Publicador de contidos
Publicador de contidos

Crea un museo nunha aldea de Maceda para amosar a súa colección de máquinas de coser

Crea un museo nunha aldea de Maceda para amosar a súa colección de máquinas de coser

Ten 138 pezas restauradas e en pleno funcionamento e ao redor dunha ducia pendentes de arranxar

G24.gal 18/06/2024 20:51 Última actualización 18/06/2024 21:58

Jesús Carrera comezou a coleccionar e recuperar máquinas de coser antigas en 2016 despois de xubilarse a raíz dunha operación.

Conségueas a través de internet ou en talleres de despeza e el mesmo se encarga da restauralas e facer que volvan coser.

Neste intre conta con 138 en pleno funcionamento. A máis antiga data de 1859.

Máquinas procedentes de distintos recunchos do mundo que nos permiten ver como foron evolucionando. 

A partir do 29 de xuño amosará a súa colección nun local que está a acondicionar na aldea da Costa, onde vive, para que todo aquel que o desexe poida achegarse a estas pezas cargadas de historia e curiosidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade