Publicador de contidos
Publicador de contidos

A aldea de Chaioso, en Maceda, volve converterse nun escenario de terror

A aldea de Chaioso, en Maceda, volve converterse nun escenario de terror

Máis dun cento de voluntarios caracterízanse como personaxes terroríficos para meterlles medo aos visitantes

Un percorrido de 45 minutos por unha ducia de ambientacións en distintos lugares da aldea

O evento medra en aceptación e o ano pasado recibiu 2.500 visitantes

G24.gal 02/08/2024 21:19 Última actualización 02/08/2024 21:26

Cada verán por estas datas, un pequeno pobo ourensán convértese nun lugar terrorífico. Escenas macabras, con persoeiros chegados do máis alá, enchen os máis inesperados recunchos de Chaioso, para sorprender os visitantes que buscan emocións fortes.

O de meter medo tómano moi en serio en Chaioso. Do que se trata é de poñer ao límite o valor dos visitantes.

E para iso cómpre interpretar o papel coa mellor das caracterizacións. 

Maquilladores profesionais encárganse de transformar o máis dun cento de voluntarios que participan no túnel do terror.

Este ano a temática xira arredor dos hospitais psiquiátricos. Haberá tolos espallados pola ducia de escenarios creados arredor do pobo.

As once da noite empeza a función. A entrada custa oito euros e permítense grupos dun máximo de quince persoas. A actividade, iniciada hai case vinte anos para recadar fondos para a festa popular, foi medrando en sona e aceptación e cada ano aumenta asistencia. Na última edición recibiu 2500 participantes.

Durante toda a fin de semana as pantasmas convivirán cos tranquilos veciños de Chaioso. Non se relatan desaparecidos nin vítimas reais, así que, despois de todo, do que se trata é de pasalo ben no lugar máis divertido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar